[EEUU] Mumia Abul-Jamal hospitalizado de urxencia

Unha compa nos remitiu esta noticia que recollemos do blog AmigosdeMumia à que traducimos e damos pulo, se ben adiantamos a actualización da mesma conforme Mumia está desperto e por fin pudo falar con a súa muller e seu irmán. Aínda segue na UCI moi enfermo e se pide que se siga chamando para exixir que obteña unha atención médica axeitada:

“MUMIA ABU-JAMAL ESTÁ HOSPITALIZADO E NON PERMITEN QUE A SÚA FAMILIA OU AVOGADAS O VEXAN!!

mumia Despois de 20 horas de tortura, Mumia segue sendo estando desaparecido. Á súa familia e avogados impedíronlles o acceso a información.

O luns pola mañá, 30 de marzo, as autoridades da prisión de SCI Mahanoy dixeron que Mumia Abu-Jamal tivo unha “crise médica” e o transportaron dende a prisión ata a Unidade de Coidados Intensivos (UCI) do Centro Medico Schuylkill en Pottsville, PA.

Encadeado á súa cama, só e privado de saber que a súa familia está preto, Mumia segue en Coidados Intensivos. Os oficiais da prisión e do hospital difunden información falsa e negan á súa familia o dereito a visitalo. Tamén se negan a darlles á familia e os avogados información sobre a súa condición e a súa historia médica.

A familia de Mumia mantén vixilia na sala de visitas da UCI.

Tamén o luns pola mañá, algúns dos seus avogados e xente de apoio estaban nunha audiencia para opoñerse á Lei de Revictimización, mellor coñecida como a Lei Mordaza, en Harrisburg, PA, cando se decataron do seu traslado ao hospital.

O avogado Bret Grote, do Abolitionist Law Center (Centro de Dereito Abolicionista) agora está en Pottsville. Está enérxico preparando unha acción xurídica para lograr acceso ao seu cliente para a familia e acceso á súa historia médica para que algúns doutores independentes poidan intervir.

O irmán de Mumia, Keith Cook dixo: “As regulacións das prisións son moi arcanas. Non dan infomación sobre os presos nen ás súas familias nen a ninguén máis. É coma se as túas mans fosen atadas porque non sabes nada do estado do preso e non tes xeito de platicar con el. Me acordo que hai un mes, Phil África estaba a facer exercicios no xardín da prisión, logo o levaron a un hospital e non informaron a súa familia do seu paradoiro. Tres día despois, estaba morto. Isto dá medo. Esta situación debe cambiar. As autoridades carcerarias deben ser máis humanos coas familias dos presos”.

Dixo Pam Africa: “As autoridades carcerarias están a mentir. Mumia está a sufrir tortura ás mans do Departamento de Correccións por neglixencia médica. Está claro que queren matar a Mumia. Déronlle o medicamento equivocado, o cal fixo peor a súa condición. Os presos onde el estivo encarcerado e que cuestionaron o que pasou sufriron represalias por parte do Superintendente. Sacaron da unidade de Mumia os presos que se preocupan por el para ocultar a información do público”.

Johanna Fernandez da Campaña para Levar a Mumia a Casa, de New York, comentou: “Mumia queixouse de sentirse mal dende xaneiro pasado. Se tivese recibido a atención necesaria, non estaría nesta situación. Esta crise mostra o problema da falta de servizos de saúde nas prisións de Estados Unidos como unha violación fundamental dos dereitos humanos. Preocúpame no persoal porque fai pouco Phil Africa da organización MOVE foi levado ao hospital de xeito precipitado en boas condicións de saúde e uns días despois estaba morto. Temos que loitar para defender a vida de Mumia e de todos os presos”.

Se pide que se fagan chamadas para esixir que a familia de Múmia o poida visitarlle no Centro Médico:
SCI Mahanoy
301 Morea Rd, Frackville PA
Superindendent John Kerestes
001 (570) 773-2158 x 8102

Non confiamos en que as autoridades da prisión nos proporcionen información transparente sobre a urxencia médica de Mumia. Dixéronnos que Phil África estaba ben e ao seguinte día, el morreu.

The Abolitionist Law Center é un despacho de interese público inspirado pola loita de presos políticos e politizados, e organizado polo propósito de abolir o encarceramento masivo en razón de clase e/ou raza en Estados Unidos. 412-654-9070

FAGAMOS MÁIS CHAMADAS POR MUMIA!
OS SEUS FAMILIARES AÍNDA NON O VEN!

Máis Información:
Amigxs de Mumia

Unha resposta a “[EEUU] Mumia Abul-Jamal hospitalizado de urxencia”

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: