José Antúnez Becerra Trasladado Ao Hospital Moi Debilitado Aos 60 Días De Folga de Fame

Recollemos do Boletín Tokata:


Segundo publicou onten La Directa, cando se cumpren 60 días da súa folga de fame, o estado de saúde de José Antúnez Becerra empeora rapidamente, despois de perder os últimos días un quilo de peso diario, a pesar de aínda inxire algúns líquidos. Ante o cal a dirección xeral carcereira de Catalunya decidiu trasladalo ao Hospital Penitenciario de Terrassa. Nada máis coñecer a noticia, a súa avogada solicitou o xulgado de vixilancia penitenciaria que ordene o seu traslado inmediato ao Hospital Clínico, xa que o actual director do penitenciario é Manuel Tallón, o subdirector de seguridade de Quatre Camins que resultou ferido durante o motín de abril de 2004 e acusou a Antúnez de intento de homicidio.

A Coordinadora para a Prevención da Tortura e o Observatori del Sistema Penal i els Drets Humans tiñan pedidio iso mesmo a semana pasada. A xuíz de vixilancia penitenciaria, Remei Bona, terá que decidir sobre o tema nas próximas horas. Fontes familiares confirmaron que José Antúnez Becerra xa non pode camiñar e ten que ser trasladado en cadeira de rodas. Onte pola mañá a deputada d’ERC Gemma Calvet enviou unha carta ao conseller de Xustiza reclamando que se permita o acceso de Iñaki Rivera e Jorge del Cura, representantes do OSDPDH e da CPDT respectivamente, aos que a administración carcereira catalá prohibiu a entrada para comunicar con Antúnez, á dependencias onde o teñen agora. Dende hai dúas semanas, o deputado da CUP-AE David Fernàndez busca tamén protagonismo a custa do preso en loita e reclamou a súa posta en liberdade. Convocouse unha concentración ante o hospital penitenciario de Terrassa para hoxe 24 de marzo ás 11 da mañá.

SOLIDARIEDADE COS PRESOS EN LOITA!

LIBERADE PARA JOSÉ ANTÚNEZ BECERRA!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: