[Pontevedra] Crónica da xornada de protesta anticarcelaria

“Un Solidario” envíounos esta crónica dos protestos solidarios e anticarcelarios que tiveron lugar onte en Pontevedra:

1209404275_fHoxe mércores 18 de marzo de 2015, un grupo de compañeirxs solidarixs tanto de Pontevedra coma doutras cidades participamos dunha xornada de protesta en prol dos dereitos das persoas presas.

Pouco despois das 11:00 da mañá, concentrámonos a carón do edificio do xulgado de A Parda, onde se atopa o xulgado de vixilancia penitenciaria, para amosar a nosa repulsa cara a morte de Borja Martínez Gómez “Volvo”, quen “apareceu aforcado” na súa cela fai uns días. Tras varias faixas (aludindo tamén á folga de fame de Javier Guerrero) repartíronse panfletos e berráronse consignas durante algo máis dunha hora, ademáis de informar de que non nos creemos a versión da prensa burguesa e oficial que din que Borja se suicidou, porque unha carta recente escrita polo compañeiro días antes de morrer demostran que os seus ánimos eran altos e non había razóns para que se quitase a vida.

Volvo foi só unha das numerosas víctimas dun sistema penitenciario que, alén do que nos conten os oradores benpensantes da Democracia, non está orientado á reinserción da persoa presa, senón á súa deshumanización, despersonalización e destrucción, mediante numerosos mecanismos que buscan anular ou esmagar a todas aquelas que non son quen de adaptarse a un modelo social que falla estructuralmente. Coma él, moitas, que non enumeraremos porque a listaxe sería interminable. O que sí queremos deixar claro é que para nós: NON SON SUICIDIOS, SON ASASINATOS.

Tras rematar no xulgado, desprazámonos de xeito espontáneo ó Hospital Provincial, na rúa Loureiro Crespo, para continuar o noso protesto, esta vez visibilizando o caso de Javier Guerrero. Unha vez máis, repartíronse panfletos e despregáronse faixas, ademáis de informar a algunhas persoas interesadas do que acontece.

Tras outro bó rato diante da entrada principal ó hospital, decidimos movernos á parte traseira do mesmo, onde berramos consignas unha vez máis, e saudamos a Javi, que se asomou á fiestra para que puidésemos velo, saudando e respostando ós nosos ánimos e apoio. Acto seguido disolvimos a concentración de protesta.

Cómpre sinalar que os madeiros non nos molestaron demasiado. Acudiron ao edificio dos xulgados a preguntar quen organizaba, e a resposta foi clara: “Todxs. Todxs somos “culpables” de solidarizarnos e apoiar ás persoas presas”. Quedaron sen nomes, pois tampouco se molestaron en pedir DNI. No hospital, a pesar de que permanecían co carro aparcado a distancia próxima, tampouco se achegaron.

Queremos lembrar que Javier Guerrero leva xa máis de 3 meses en folga de fame. Intercalou varias folgas de sede, e foi operado dos riles dúas veces, estivo en risco de trombose e actualmente continúa cos riles destrozados, ten serias dificultades para manter a consciencia e sufre un grave risco de morte súbita. Alén, o compañeiro todavía saca forzas para respostar ás cartas que lle estamos enviando, para saír a saudar cando berran por él e para continuar a súa loita con valor e determinación, pese ó serio perigo que corre a súa vida. Perante esta decisión, só podemos continuar loitando, por él e por todxs xs demáis presxs en loita, ata por fin alcanzar o noso soño dun mundo sen gaiolas de ningunha clase, onde a sociedade non fabrique marxinalidade e tristeza, e xunto coas presas e os presos podamos por fin ser libres e felices sobre as cinzas e as ruínas deste gris e miserable pesadelo.

Chamamos a todas as persoas sensibilizadas coa situación das persoas presas a continuar enviando mostras de afecto ó compañeiro Javier. O seu fluxo de correspondencia polo momento segue sendo normal. A dirección é:

JAVIER GUERRERO CARVAJAL
Unidade Penitenciaria do Hospital Provincial de Pontevedra
R/⁠ Loureiro Crespo -⁠ 36001
Pontevedra

NINGUÉN ESTÁ SÓ/⁠SOA NAS MANS DO ESTADO!
ABAIXO A SOCIEDADE CARCELARIA, OS SEUS MUROS E AS SÚAS ILUSIÓNS!
SOLIDARIEDADE COAS PERSOAS PRESAS!

Un Solidario…

Unha resposta a “[Pontevedra] Crónica da xornada de protesta anticarcelaria”

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: