Morrer de poliamor: así doe a última revolución sexual

Colamos (e traducimos) esta reportaxe autoría de Alba Muñoz da web Play Ground Mag: poliamor_PLYIMA20150316_0007_5 A monogamia non morre soa, hai que enfrontarse a ela

Se estás solteiro, fracasas. Se tes parella, estasche a perder algo. Cupido non é ningún anxo, máis ben o francotirador dunha mensaxe indestrutible: busca o teu príncipe ou a túa princesa con desespero e cando o encontres, nin se che ocorra soltalo.

É que non hai outra forma de amar? É necesario sufrir con e sen parella? Por que somos adictos a esta condena? Como resposta a estas cuestións, xorde o poliamor: a arte de destruír a monogamia mantendo varias relacións afectivas e sexuais sen mentiras de por medio. O que vén sendo o paraíso dos afectos.

Despois dos primeiros ensaios, podemos confirmalo: non é tan doado. En moitos casos o poliamor convértese en polidrama, nun val de bágoas que formula múltiples preguntas. Falamos con dúas exploradoras do poliamor e buscamos respostas nalgúns blogs de referencia para coñecer as fases, decepcións e leccións dunha vida libre de medias laranxas.

1. Amor libre: compartámonos
6_20150316URhbVU Free love ou o que é o mesmo: fase de idealización. Os hippys dicían que o amor se estraga coa posesión. Neste primeiro estadio do poliamor, un cre hai que ser xeneroso, que o sexo e os afectos deben compartirse fóra da parella. Se todos nos entregamos ao amor cos demais sen reservas nin limitacións, recibiremos máis amor, este amplificarase e rematará inundando a nosa vida. A lóxica é apisoante, e a realidade tamén.

“Na maioría dos casos, a conversación remátase cun ‘iso non funciona’, ‘é moi frío’ ou ‘eu non o sinto así’. […] Se unha persoa é feliz soamente coa súa parella, adiante. Pero esa non é a única forma“. (CrowInLove)

2. Rebeldía: por que obedecer?
6_20150316NhPw4D Que encontremos alguén con quen nos sentimos cómodos non significa que a nosa elección fose opcional. Xa o dicía Pierre Bourdieu: “De todas as formas de persuasión clandestina, a máis implacable é a exercida simplemente pola orde das cousas”.

O sistema monógamo é unha tiranía. Non é unha opción: é un mandato, e é a violencia simbólica inscrita nese mandato a que nos impide escoller maneiras diferentes mesmo cando creemos escollelas […] La monogamia é un sistema de opresión tan ben codificado que nos esgaza de dor cada vez que queremos opoñer resistencia”. (Brigitte Vasallo)

3. Infidelidade aceptable
6_20150316lyoPX0 Hai moitas relacións abertas, só que unha das dúas partes non o sabe. Non hai moito, o matrimonio era un pacto que significaba fidelidade sexual feminina e non necesariamente á inversa. Agora que xa non é tan habitual que as mulleres “convivan” coas amantes dos seus maridos, é necesario aclarar que poliamor non significa aceptar a infidelidade do outro, aínda que ás veces se utilice para estes fins.

“O Polimacho é o típico tío que se mete nos círculos poliamorosos sen contarllo á súa noiva monógama a menos que queira facer un trío con outra tía. Caracterízase por non permitir que haxa homes nos xogos sexuais nos que participa, facer proselitismo do sexo anal pero sen usar o seu ano, recordarnos sempre ás tías que debemos liberarnos sexualmente e follar sempre con mulleres máis novas que ou socialmente inferiores” (EL Conejo de Alicia).

4. Poliamor ao rescate
6_20150316Nr2QVN Hai quen cre que o poliamor será capaz de rescatar unha relación moribunda, que é a solución a todo. Non obstante, se se utiliza o poliamor para ignorar outros problemas, pode levar a situaciónes de maiores sufrimento. Se dúas persoas se levan a matar, que nos fai pensar que tres ou catro se levarán mellor?

“A nosa relación vai mal, pero se a convertemos en poliamor vai ser todo fantástico e marabilloso. Todo o morro, escaqueo, chantaxes emocionais, dramones e demais van desaparecer ao probar o poliamor. Todos os conflitos persoais, toda a incapacidade para ter relacións que se trae de antes vai cambiar radicalmente ao ter unha relación poliamorosa” (Mosca Cojonera).

5. Culpa e ambición: sen renuncias vívese mellor
6_20150316fa1sID É habitual que nas parellas se perda a paixón mentres se afianzan outro tipo de afectos. É necesario renunciar á convivencia, ao cariño de alguén a quen queremos? É necesario expulsar esa persoa da nosa vida polo feito de sentir atracción por outros? O poliamor suxire que é posible ampliar, flexibilizar a forma en que as persoas nos coidamos, queremos e nos damos pracer. De novo, non é doado: para empezar, é case imposible que as dúas partes dunha parella estean no mesmo punto de convicción, necesidades e sentimentos.

“A miña experiencia poliamorosa foi bastante curta. Empecei a relacionarme con círculos feministas nos cales había bastantes persoas que vivían o poliamor e, como é normal, formúlasche o típico: se che funcionaría. Eu sentíame moi culpable por sentirme sexualmente atraída por outras persoas tendo unha relación monógama, así que cría que iso era para min.

Despois de falalo coa miña parella, abrimos a relación; e ao ser o principio, puxémonos límites. Bicos e pouco máis e depende de como o tolerase a outra persoa, iriamos máis alá. E FOI UN DESASTRE. Tras a segunda persoa coa que se bicou a miña parella, a min comíanme os celos, as inseguridades, e decidimos pechar a relación” (Alba, 23 anos).

6. Teoría e realidade
6_201503165qPHkT O poliamor é unha burbulla teórica que a miúdo doe cando se aplica á realidade. Por exemplo, para os rapaces é máis doado practicar o poliamor porque a sociedade acepta mellor que teñan varias relacións simultáneas. Homes e mulleres chegan ao poliamor dende puntos de partida distintos. Sen deconstruir os roles de xénero e patriarcais, é posible experimentar un poliamor heterosexual en igualdade de condicións?

“Ídesme querer convencer que as amizades, colegas de traballo, familiares dun rapaz e dunha rapaza reaccionan exactamente igual se se decatan de que ese rapaz ou rapaza non pairan de follar? Porque o poliamor será o que sexa, pero a prensa sempre o ilustra coa imaxe de dúas rapazas e un rapaz, confundíndoo mentalmente cun trío” (Mosca Cojonera).

7. Romanticismo
6_20150316LKK07b É posible ser romántico vivindo o poliamor? Hai persoas que trasladan os patróns do amor romántico a unha relación con máis dunha persoa. Erro.

“A polirromántica é aquela persoa que fai un trío e quere irse a vivir á praia, ter fillos e… non deixar que ninguén folle fóra do trío. Celos e posesión da monogamia máis rancia pero con disimulo. É dicir, son monógamos pero con máis xente”. (El Conejo de Alicia)

8. Competitividade
6_201503161qNHSy Supón que estás nun círculo poliamoroso. É posible non comparar líguelos doutras persoas cos teus? “Hai os que presumen de modernez e liberdade por ter varias parellas. Cada vez que alguén o fai, non é que morra un gatiño, é que que morre un futuro posible: ninguén sae dos sistemas opresivos nun só click, asinando un papel ou lendo un par de libros,” explica Brigitte Vasallo neste artigo.

“Ás veces a xente entende o poliamor como unha competición: a ver quen da parella folla con máis xente. Eu tiven que recoller ao meu ex tras unha mala experiencia onde o pillou unha baixona a media relación con outra rapaza. Non funcionou. Por que? Non creo que nada nacido do despeito funcione. Foise con outra rapaza sen case nin o pensar porque eu tiven unha experiencia cunha amiga nosa que me atraía. Non follo máis por ser poliamorosa, simplemente vivo dun xeito que resulta máis sincero para o meu” (Julia, 31 anos).

9. Endogamia
6_20150316D1k5Ug Os círculos poliamorosos seguen sendo poucos, unha minoría. Iso propicia a endogamia e a presión a terceiros para que se sumen a esa forma de vivir as relacións humanas. Se a monogamia se entende como un tipo de opresión, non ten sentido converter o poliamor en algo que hai que seguir á forza. Nese caso, o desencanto e o rexeitamento está asegurado.

“Despois da burbulla inmobiliaria, o poliamor está a ser a próxima burbulla, e está en pleno crecemento. O malo de toda burbulla é que prevexo de aquí a uns anos todo un colectivo desencantado co ‘engano’ do poliamor e que avogan ben ou pola parella monógama con decisión ou pola soltería eterna. O que sexa con tal de volver ao de sempre antes que entender onde está o cambio” (Mosca Cojonera).

10. Amarse a un mesmo
6_20150316eKnGxZ Queda claro: o poliamor non é un remedio para a baixa autoestima, as feridas sentimentais nin o mal de amores, non elimina os celos nin serve para manter relacións sen comprometerse. Non é unha escapatoria nin unha revolución de heroes. Parécese máis a un principio que a un fin, a un refuxio que a unha festa.

O poliamor parécese máis a un miradoiro que permanecía oculto no bosque da normalidade: un lugar dende onde ver, por primeira vez, a gran carga que arrastramos, os nosos límites e anhelos. Se queremos, iso si, bríndanos compañía para o camiño.

“Para min o poliamor baséase principalmente en construír a túa propia relación á medida, establecer pactos e acordos e ser leal á persoa. E sobre todo autocoñecerse: explorar limites, aprender a xestionar sentimentos e mellorar a comunicación” (Julia, 31 anos).

“O poliamor parécese máis a un refuxio que a unha festa”

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: