[Madrid] Comunicado da familia adoptiva de Antúnez, lido onte na concentración en apoio aos presos en luita.

(Colamos e traducimos do Boletín Tokata).

A toda esta Gran Familia que José Antúnez uniu e que está luitando pola súa Liberdade:
1378466_1397535923812302_72089952_n Compañeiros-amigos, hoxe 11 de Marzo do 2015, quero compartir con todos vos a alegría de ter gañado unha batalla, a batalla de ter deixado José Antúnez Becerra a folga de SEDE, despues de 5 días.

É só isto, unha batalla, pero quizais a máis grande das que se poidan gañar, xa que de seguir con ela, os seus órganos quedarían máis maltreitos do que xa están, a causa desta e outras tantas folgas.

José Antúnez, é un home de 58 anos, san e forte, deportista, vexetariano e que coida moito a súa saúde, menos cando o seu amor propio, a inxustiza e estar canso de que lle mintan, é entón cando a súa saúde a bota a perder, sen importarlle as graves consecuencias que lle ocasiona ao seu san corpo, coas grandes folgas de fame e de sede, coas súas ganas de “volver ao universo do que veu” como el di, ante tanta inxustiza e desespero, de verse tantos anos encerrado e a xustiza non lle aplica os seus dereitos, non se lle dá a oportunidade de ser o ser que agora é.

Un home que dende moi pequeno estivo en correccionais, dende os 16-17 anos entrou no cárcere da Modelo de Barcelona e que dende entón moi pouco pisou o asfalto, un ser humano que a vida non lle tratou nada ben.

A vida levoulle por este camiño derroteiro, el non nega o que fixo, é máis sempre di que el xamais roubou a ningún obreiro, só bancos, gasolineiras e coches, non matou a ninguén, que non lle gusta a violencia, “a violencia trae violencia”, estas palabras lle saen do corazón en multitude de ocasións e sempre que ten ocasión á xuventude lle di que coiden moito o que fan, xa que diso dependerá a que nun futuro non sexan “un desafiuzado como el”.

A institución, non lle perdoa, nin lle perdoará a fuga os 45 do cárcere Modelo de Barcelona, e moito menos o motín de 4 Camins 2004, que aí José Antúnez foi UN CABEZA DE TURCO, que é o que a institución necesitaba e lles foi moi ben José Antúnez, que por aquel tempo non tiña a ninguén e por non ter non tivo nin defensa, xa que a avogada aparecía a coñecerlle momentos antes de saír á Sala da Audiencia para SER SENTENCIADO COA MAIOR CONDENA DO CASO a 19 anos, como tampouco lle perdoan, que a institución non fixese nada para a reinserción de Antúnez, como tanto enchen a boca co art, 25.2 da Constitución e en cambio si o acadou o cariño e da súa familia adoptiva e AGORA DESTA GRAN FAMILIA QUE SODES TODOS, OS QUE ESTADES AQUÍ NESTE MOMENTO E O RESTO DE XENTE QUE ASÍ O DEMOSTRAN, A TODA ESTA XENTE BOA COMO EL VOS IDENTIFICA.

Por todo elo e por ser como sodes, vos dou as grazas en nome de José Antúnez, da miña familia e no meu propio, remato con as súas palabras “SEDE FELICES”. E GRAZAS.

CONXI, 11 DE MARZO 2015

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: