Tratamento da Hepatits C nos cárceres: Unha volta de rosca máis na discriminación sanitaria

Colamos (traducido) do Tokata:

_hepatitischoy_822b0b70Dise nunha reportaxe aparecida na cadenaser.com que “acontece o mesmo entre reixas, que fora. As restricións no acceso aos novos medicamentos contra a hepatite C (VHC) tamén están a afectar aos cárceres españois, nas que agora mesmo hai preto 65.000 presos, segundo o último censo de Institucións Penitenciarias. O mesmo e un pouco máis, porque xa sabemos que as condicións de vida dentro dos cárceres, por moito que diga a demagoxia populista punitiva, sempre teñen que ser peores que as da media da poboación pobre na rúa. Se non, pouca xente tería medo a caer presa e o sistema punitivo deixaría de cumprir a súa función principal de intimidación e control da conduta das “clases perigosas”.

“Segundo os últimos datos oficiais, recollidos no Informe de Prevalencias das infeccións de VIH e hepatite C en Institucións Penitenciarias de 2013 -continúa a reportaxe-, naquel ano, o 21,3% dos presos españois tiña o virus, unha alta prevalencia, e un serio problema, porque ademais, un de cada tres infectados por VHC tamén está infectado polo VIH. Non obstante, Institucións Penitenciarias admite que “de todos os reclusos que deron positivo por hepatite C, só están tratando ao 2,8%, é dicir, 209 internos. O gasto en tratamentos de hepatite C caeu un 26,04%, entre 2013 e 2012 e un 48% dende 2006.
1425471548_953865_1425474095_sumario_normal E continúa mesturando unha visión crítica que non deixa de ter o seu mérito con mentiras como a seguinte: “Por primeira vez, na historia da sanidade penitenciaria, perdeuse o concepto de equidade”. O xornalista sorpréndese hipocritamente do que para calquera que coñeza de preto a realidade carceraria non é máis que unha apisoante evidencia, claramente expresada, por exemplo, polo doutor Pablo Saiz de la Hoya, membro da Sociedade Española de Sanidade Penitenciaria, en cuxo testemuño se apoia en boa medida a reportaxe. “Os presos son pacientes de segunda que non teñen os mesmos dereitos que un paciente que estea na rúa. Non se están a dar os mesmos tratamentos que na rúa. E polo tanto, o principio de equidade desapareceu”. A discriminación prodúcese “non porque non se prescriba o fármaco axeitado, senón porque ese fármaco non se dá posteriormente”. Segundo conta este médico, que manexou casos de pacientes con cirrose (é dicir, na Fase 4), “en concreto un, tiña marcadores tumorais moi elevados, polo cal se lle mandou a Madrid para que lle desen os novos tratamentos, pero o paciente volveu á prisión de Alicante sen ser tratado porque Institucións Penitenciarias non quería pagar o tratamento”.

Un problema de diñeiro, entón. O informante conta que, para evitar o gasto, se lles prohibiu aos médicos carcerarios prescribir os novos medicamentos; non os novísimos que, ata agora sen resultado, están a ser reivindicados na rúa, xa que non se prescriben polo seu elevado prezo, senón os da “xeración” anterior. “Só podemos tratar os pacientes nos cárceres se optamos por usar Interferón e Ribavirina (os medicamentos antigos). No momento no que queiramos usar un dos medicamentos novos, obrigatoriamente teñen que ser trasladados a Madrid”. Por orde de Institucións Penitenciarias, os enfermos “teñen que ser derivados á Unidade de Custodiados do Hospital Gregorio Marañón de Madrid” (que conta con 370 metros cadrados). Pero, cando chegan alí o problema segue sendo o mesmo. As administracións non se poñen de acordo sobre cal delas debe pagar o tratamento, e ao final, os prexudicados son os propios pacientes.

Segundo a Ser, “dende Institucións Penitenciarias negan ese trato discriminatorio cara aos presos”. Aínda que non puido precisar cantos presos recibiron ata a data os novos medicamentos contra a hepatite C, o Subdirector Xeral de Coordinación de Sanidade Penitenciaria, José Manuel Arroyo, di que “se lles trata nas mesmas condicións que a calquera outra persoa”. Admitindo que “hai demoras” á hora de recibir os enfermos eses tratamentos, nega que haxa “un problema xeral” e, sobre todo, que a responsabilidade sexa da autoridade carcereira. Pásalles o marrón ás administracións autonómicas: “algunhas comunidades puxeron impedimentos”. Valencia, en concreto, “é unha Comunidade que sistematicamente, ademais de prescribir en abundancia estes tratamentos, se negou a dispensalos”. E mente cinicamente: “tivemos que actuar para asegurar o tratamento cos nosos medios propios”.

Non é iso o que din os presos, nin algunhas sentenzas xudiciais, nin os médicos penitenciarios que denunciaron a prohibición expresa pola autoridade carcereira de prescribir os tratamentos axeitados. De modo que ata a actual “Valedora do pobo”, que nunca se distinguiu polo seu respecto aos dereitos humanos, senón máis ben polo contrario, intentar salvar a cara recoñecendo no seu informe anual que os novos medicamentos incluídos na “triterapia”, como Sofosbuvir (Sovaldi), Simeprevir (Olysio) e Ribavirina, “non estarían a chegar aos presos”, que “hai certo número de internos” aos que lles foron prescritos estes fármacos polos especialistas, pero que “non estaríano a recibir”, por razóns de diñeiro, “pois a Administración penitenciaria considera que o importe económico ha de ser satisfeito polas comunidades autónomas, toda vez que se trata de fármacos de dispensa hospitalaria”. Interior négase a pagar, as comunidades autónomas, o mesmo, e terán que decidir os tribunais.

Como di o informe da defensoría, “entrementres, os internos enfermos non reciben o tratamento prescrito e o seu estado de saúde deteriórase”. Así que, por “motivos humanitarios”, pide a Institucións Penitenciarias que “proceda ao pagamento de tales fármacos sen prexuízo de que paralelamente se inicien actuacións xudiciais”. Tivo que recoñecer tamén que Institucións Penitenciarias “negou o fármaco aos reclusos coinfectados con hepatite C e VIH, amparándose en que a ficha técnica dos medicamentos non o contempla”, e ela mesma recorda que a Axencia Española do Medicamento advirte de que nesas circunstancias é máis necesario aínda.

De todos os xeitos, xa hai sentenzas que obrigan Institucións Penitenciarias a pagar estes tratamentos. Como a do Xulgado Contencioso Administrativo Número 2 de Valladolid en decembro de 2014, que tombou a demanda que o Ministerio do Interior presentara contra a Consellaría de Castilla-León, gobernada tamén polo Partido Popular. Interior, pretendía que fose a comunidade autónoma a que pagara os medicamentos porque “son de uso hospitalario” é dicir, de competencia rexional. Pero a sentenza recórdalle que “a Axencia Española do Medicamento en ningún momento cualificou estes medicamentos como de uso hospitalario”, senón que son de “dispensa hospitalaria”, é dicir, conséguense nos hospitais, pero pódense recibir ou ben nos domicilios, ou nas prisións en caso dos reclusos. En resumo, en canto a “a dispensa e o pagamento, en ambos os dous casos, o obrigado é a Administración Penitenciaria, que debe dispensar eses medicamentos, dado que as competencias non foron transferidas ás Comunidades Autónomas”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: