[Barcelona] Accións Solidarias con José Antúnez

O blog do colectivo de apoio a Antúnez recolle do IndymediaBarna estas dúas accións solidarias às que damos pulo:

1ª) Corte do tráfego e faixa colgada nunha entrada de Barcelona

Na mañá de onte día 9, cortouse unha das vías de entrada e saída de Barcelona en solidariedade coa folga de fame e sede de Antúnez Becerra.

Convocouse unha concentración de apoio na ponte de La Trinidad, na Meridiana. Na ponte colgouse unha pancarta na que se podía ler: “Antúnez Becerra Libertad”.
Antúnezpuente Da ponte descolgáronse dúas persoas que quedaron suspendidas da ponte no baleiro, mentres a concentración impedía o paso de vehículos cortando a Meridiana e facíase un chamamento ao apoio e a solidariedade.

Antúnez Becerra leva dende o 23 de Xaneiro en folga de fame (48 días), e dende o 6 de Marzo en folga de sede (3 días).

Tras o bloqueo da vía, un forte dispositivo policial rodeou a zona e os bombeiros procederon a descolgar os compañeiros que permanecían colgados no baleiro en solidariedade con Antúnez Becerra.
antúnez_puente_meridiana Posteriormente a policía procedeu á identificación dos compañeiros que se colgaran e non se produciron detencións…

Liberdade para Antúnez Becerra!
Liberdade para xs nosxs compañeirxs presxs!
A nosa mellor arma a solidariedade!

2) Sant Andreu con J. Antúnez Becerra
9_mural1 Murais colocados en puntos diversos de Sant Andreu recordan a grave situación do prisioneiro José Antúnez Becerra, en loita por unha saída da prisión que lle afogan debido á súa actitude contestataria ante a institución e os seus abusos.

Dende o 6 de marzo, Antúnez Becerra engadiu unha folga de sede á folga de fame que mantén dende o 23 de xaneiro.

Ante a brutalidade da institución carceraria, parto indispensable dunha sociedade de clases fundada sobre a inxustiza, a miseria e o control social, non miraremos ningunha outra banda. Facemos correr a voz de todo aquilo que a Generalitat quere esconder, evidenciamos nas rúas toda a violencia e a mesquindade que reinan tras os muros das prisións, os CIES, os centros de menores e os psiquiátricos.
6_mural2 A multiplicar as expresións de solidariedade con quen loita, a multiplicar as accións contra o Estado e os seus aparatos represivos!!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: