[Mallorca] Un inspector e un axente de policía xulgados por Torturas

“Se me cae la cara de vergüenza, como ciudadana”, Francisca Ramis, presidenta do tribunal.

eu atiro primeiro e pergunto depoisInformación de PrimaveraValenciana: Dous policías nacionais, —o inspector Víctor G. F., de 39 anos, e o axente Javier Joaquín A. B.— destinados en Mallorca foron xulgados na Audiencia de Palma sob a acusación de someteren un detido de nome David a torturas nos sotos da Xefatura Superior de Palma. Enfróntanse cada un a unha petición do fiscal de tres anos de cárcere e nove de inhabilitación absoluta por tentaren menoscabar a dignidade persoal e a integridade física da vítima; segundo a fiscal perpetraron “unha verdadeira barbaridade, sobre todo tendo en conta que (o detido) está alxemado e que ocorre en dependencias policiais”. Mantendo-o de xeonllos, simularon repetidamente a súa execución, disparándolle tres veces a arma en seco, sen estar carregada. Quixeron inflixir unha represalia á vítima, David, por esta ter lesionado un policía nunha disputa nocturna nun bar, mentres o axente estaba fóra de servizo.

A vítima narrou que lle berraba: “Cabrón, tú le has rajado la mano a un compañero mío y te voy a pegar un tiro diciendo que ha sido en defensa propia”. O detido chorou e berrou no chan de pánico. “Te voy a pegar un tiro a ti, a tu mujer y a tu hija”, berráronlle. Presionáron con tanta forza na tempa que a boca do canón da pistola ficou marcada na pel. Un dos policías limou a arma para tentar evitar a identificación.

Os feitos aconteceron o 9 de agosto de 2009 e pasaron semanas ante de seren investigados e detidos os acusados, o 27 de outubro. Ademais dos dous axentes xulgados na vista emerxiu a sospeita da existencia doutro posibel autor -“que pateou” a David- así como varias testemuñas non identificadas nos atestados e nas declaracións. Por iso, durante as sesións, foron moi duros os reproches do tribunal.

A Audiencia lamentou a pasividade da policía para investigar internamente os feitos e denunciar ao xuíz o caso, así como os erros, lagoas e manipulacións nos atestados. “Se me cae la cara de vergüenza, como ciudadana”, espetou a presidenta do tribunal, Francisca Ramis.

Unha testemuña apelou á “lealdade” aprendida na Academia de Policía para tapar ou disfrazar un episodio do caso. A xuíz advertiu que a policía, institución do sistema democrático, non opera como “unha seita”. Un letrado subliñou que non se xulgou a todos os autores: “Ni son todos los que están, ni están todos los que son”.

Un dos avogados defensores asumiu que nos sotos de comisaría o seu cliente cometeu un acto “execrable, denigrante, de provocación”, pero negou a simulación da execución. Os dous imputados asumen, parcialmente, no seu aspecto menos grave, a súa participación nos feitos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: