[Corcoesto] Novidades sobre a Mina: Cancelan os direitos a Edgewater pero a sombra de Sacyr planexa no horizonte e Estrea do Documental “Tesouro de Corcoesto”

Este sábado 7 às 19:00′ no Pazo de Cultura de Carballo terá lugar a estrea e presentación do Documental Tesouro de Corcoesto da realizadora Cora Peña (*), xusto cando vimos de saber, polo falsimedio que se convirtira en “La Voz de la Mina”, que a Xunta ven de dar a súa derradeira couce à multinacional canadiana Edgewater nas súas pretensións de furar Corcoesto para extraer ouro, tras o inicio dos trámites para a cancelación dos direitos mineiros a esta multinacional, que di sentirse discriminada con respeito a outros proxectos, e máis cando consideran que tiñan como aval o visto bo do estudio de impacto ambiental aprobado no seu día polo actual alcalde de Compostela e na altura conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández.

E poida que non lle falte algo de razón à multinacional canadiana, cando no mesmo artigo fálase de que no horizonte planexa a constructora Sacyr Vallehermoso como posible adxudicataria futura deste proxecto mineiro a ceo aberto.

A tal efeito no artigo sinalase que, “tras rexeitar a Xunta, en outubro de 2013, o plan de traballo de Mineira de Corcoesto (a filial de Edgewater criada para o efeito), esta buscou como socio a Sacyr Vallehermoso para ir xuntas da man e tratar de mudar de opinión aos responsables da Xunta”. E segue contando o falsimedio, para maior sorpresa das leitoras, que “esas negociacións foran levadas con o maior dos segredos durante un ano e que ficaran rotas por discrepancias à hora de repartirse o pastel do accionariado” e para máis seguen destapando que “Sacyr Vallehermoso aínda non dixo a última palabra e estaría prantexándose ir en solitario cando sexa rendible a extración en base a cotización do ouro no mercado internacional”.

Mais voltando a “Tesouro de Corcoesto”, unha longametraxe documental de produción independente, respaldado polo micromecenado de 180 persoas e asociacións; colamos acá da súa web este texto e este video do “Teaser”:

Cando en 2013 empezamos a ter noticias do proxecto de mina de ouro en Corcoesto, en plena Costa da Morte, encendéusenos a luz de alarma. Tratábase dunha explotación a ceo aberto con tratamento de cianuro, unha das técnicas mineiras máis agresivas das practicadas no mundo.

Unha estratexia empresarial opaca, unha política entreguista, unha poboación deprimida económicamente e polarizada en torno a un si ou non á mina, a alarma ecoloxista e un activismo cidadán urxente e efectivo que conseguíu o que non se prevía: parar a mina. Todo isto inspirou a realización de Tesouro de Corcoesto. O documental pretende ser unha ferramenta para a reflexión e o debate perante un modelo de desenvolvemento que víu propoñer o actual goberno da Xunta de Galicia. Un modelo que ten o lema “Galicia é unha mina”, e do cal Corcoesto sería o primeiro e máis senlleiro exemplo.

Xan do Can para Abordaxe

(*) O aforo xa está prácticamente cuberto con as colabouradoras e “mecenas” pois é un proxecto levado adiante a través dunha campaña de microfinanciamento na rede; con o que haberá que agardar para velo.

4 Respostas a “[Corcoesto] Novidades sobre a Mina: Cancelan os direitos a Edgewater pero a sombra de Sacyr planexa no horizonte e Estrea do Documental “Tesouro de Corcoesto””

  1. Parece ser que para que Sacyr sexa a adxudicataria ten primeiro que acabar o procedemento de caducidade, logo a Xunta abrirá un novo concurso, cunha nova DIA e listo. Dende log que van facer o posible pra que sexa asi… E ainda que mudara o goberno, se este novo non abre un plan de ordenación do medio físico para fomentar os valores do lugar e así vetar os usos mineiros, podería pedir Sacyr unha nova concesión… E pra min é máis que evidente que a clase política, SEN EXCEPCIÓN, non ten interese algún en abrir un plan deste tipo…

  2. […] raíz duns comentarios dunha compa na noticía de Corcoesto que publicamos nesta semana, na que facíamos referencia a esta empresa construtora e apontabamos a […]

  3. […] do aparato do Estado, a raíz dun comentario publicado nestoutra nosa noticia de dois días antes: [Corcoesto] Novidades sobre a Mina: Cancelan os direitos a Edgewater pero a sombra de Sacyr planexa … onde denunciabamos que un falsimedio, para maior sorpresa das leitoras, revelaba que “Sacyr […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: