[CP A Lama, Pontevedra] Solidariedade con Jaro, preso sometido en illamento a unha desesperante e enlouquecedora dinámica de tensión

Recibimos por correo (e traducimos) esta nova barbaridade que está a tocar a Jaro, un outro preso combativo encirrado en aillamento en A Lama que foi acusado de promover un motín que nunca existiu. Alén colamos (sen traducir) un módelo de texto para envíar por Fax como xeito urxente de se solidarizar con o compa, porque “Hai que facer algo para protexer a Jaro!”:

index3Reinaldo Gómez Guijarro, Jaro, é un deses presos que sofren cadea perpetua dende moito antes de que se recoñeza a súa existencia no sistema punitivo español incorporándoa ao código penal. El leva 21 anos preso e a súa data de cumprimento prevista aínda está moi afastada. Aínda está clasificado en primeiro grao, o réxime penitenciario de castigo. Foi trasladado hai pouco dende Huelva, ao outro extremo do país, ao cárcere de A Lama (Pontevedra); como sempre, moi lonxe dos seus lugares de arraigamento, onde viven a súa familia e amizades. Conseguira pasar bastante tempo sen sancións, o que facía posible o seu paso a segundo grao, coa posibilidade de saír de permiso e integrarse noutras actividades reinsertadoras. Lonxe diso, cara a nadal, foi trasladado ao departamento de illamento.

Aínda sen poder sancionalo, pois non cometera ningunha infracción do regulamento, sen ningunha acusación formal, encerrárono só alí. Os seus compañeiros de módulo protestaron por iso e atrasaron o momento de iniciar as tarefas de limpeza ata que se aclarase a súa situación. El non estaba alí, senón en illamento, pero a actitude dos seus compañeiros foi cualificada moi esaxeradamente polos funcionarios como “conato de motín” e acusouse arbitrariamente a Reinaldo de incitalos a rebelarse.

Encerrárono na mesma cela na que morreu en abril pasado Eugenio García Serrano, Gaviotu, en circunstancias aínda non aclaradas, e dende o primeiro día recibiu ameazas dalgúns “funcionarios de prisións”. Os cales, por exemplo, lle dicían: “Ya sabes quién estaba ahí, tú verás cómo quieres acabar”.

Ante as queixas legalmente cursadas pola súa familia e amizades, cambiáronlle de cela, pero despois de pasar máis dun mes dende que foi trasladado de módulo notificáronlle tres sancións moi graves, como promotor dun “motín” que nunca existiu e no que el non pensou nin por un momento.

Téñeno sometido a unha dinámica de tensión permanente, encerrado nunha cela sen ningunha das súas pertenzas, constantemente vixiado, premido e ameazado.

Cando o sacan da cela, por exemplo, colócanlle as axelmas. Vese que para este compañeiro non rexe o “principio de rehabilitación” como finalidade das penas privativas de liberdade recoñecido na constitución española. En lugar de darlle a oportunidade de progresar no “tratamento penitenciario” aproximándose á reinserción social, estáselle a acosar, reducíndoo a unha situación desesperada e enlouquecedora.

Tememos pola vida do noso compañeiro. Suxerimos, como principio, enviar cartas, correos electrónicos ou fax, e facer chamadas teléfonicas ás “autoridades responsables”

Hai que facer algo para protexer a Jaro!
mail
Modelo de texto para faxes:

A QUIEN CORRESPONDA

Exigimos que se respeten los derechos de Reinaldo Gómez Guijarro, preso en la cárcel de A Lama (Pontevedra), encerrado en el departamento de aislamiento a finales de diciembre pasado, en la misma celda donde murió el pasado abril, en nada claras circunstancias, su compañero Eugenio García Serrano, Gaviotu, donde ha sufrido amenazas por parte de algunos “funcionarios de prisiones”, llegando a tener que escuchar de alguno de ellos: “Ya sabes quién estaba ahí, tú verás cómo quieres acabar”. Se está viendo sometido a una tensión permanente, con amenazas, cacheos y todo tipo de presiones, encerrado en una celda prácticamente desnuda sin poder disponer de sus pertenencias, esposado cada vez que tiene que salir de la celda. En semejantes condiciones llevaba ya un mes cuando se le han notificado tres sanciones muy graves, al menos una de ellas debida a una arbitraria acusación de incitar a sus compañeros a la rebelión, por unos hechos calificados muy exageradamente de “conato de motín” cuando consistieron en una mera protesta verbal totalmente legítima, y que se produjeron cuando él ya estaba en aislamiento, es decir en otro módulo distinto. Reinaldo lleva ya 21 años preso, habiendo sufrido continuos traslados, casi siempre en cárceles muy alejadas de su familia y amistades, siempre clasificado en primer grado, sometido a unas condiciones de vida embrutecedoras, sin ninguna actividad que pudiera ser relacionada de ningún modo con su reinserción social. Como prescribe la constitución, un preso tiene derecho a que su condena está permanentemente encaminada a esa reinserción, pero el tratamiento que ha recibido y continúa recibiendo esta persona lo que consigue es hacerla imposible, empujándole a la desesperación. Por todo ello y temiendo por su vida y su salud mental, exigimos a quienes tienen asignada por las leyes esa responsabilidad que se ocupen de que la Reinaldo Gómez Guijarro sea puesto en una situación que permita la satisfacción de sus derechos como persona.

Secretaría General de Instituciones Penitenciarias.
Calle Alcalá 38-40.
28014 – Madrid
E MAIL: dgip@dgip.mir.es
TEL: 91 335 48 76
FAX: 91 335 40 64

Centro Penitenciario de A Lama
Monte Racelo s/n.
36830 Pontevedra
TEL: 986 75 80 00
FAX: 986 75 80 11

Juzgado Vigilancia Penitenciaria nº 2 (Pontevedra)
Plaza Tomás y Valiente, s/n.
36071 Pontevedra
TEL: 986 80 51 43
FAX: 986 80 51 41


Fax gratis

Unha resposta a “[CP A Lama, Pontevedra] Solidariedade con Jaro, preso sometido en illamento a unha desesperante e enlouquecedora dinámica de tensión”

  1. […] febreiro pasado, a súa familia e amizades facían un chamamento á solidariedade con Reinaldo Gómez Guijarro, “Jaro”, que fora trasladado arbitrariaremente ao módulo de illamento da terrible trena pontevedresa. […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: