[A Coruña] STOP Desafiuzamentos entrega alegacións contra as multas

despejosHoxe hai rato, activistas de STOP Desafiuzamentos A Coruña veñen de facer unha presentación conxunta de alegacións ante as multas que teñen recibido durante este mes nos protestos contra o Ofimático de Elviña. As sancións, que ascenden xa a 4250 euros, están relacionadas coas concentracións do 20 e 26 de Novembro e o desafiuzamento de Álvaro Corral e a súa familia do día 27 do mesmo mes. A esta hora estarán en plena rolda de prensa, mais onte xa nos fixeron chegar este seu comunicado ò respeito:

Entendemos que baleirar as nosas contas é unha forma máis de tentar desactivarnos como colectivo ó tempo que se tenta disuadir á cidadanía de levar as súas protestas á rúa. Queremos tamén salientar que as persoas multadas non foron identificadas debidamente. Por isto, entendemos que existen rexistros cos datos das persoas que saen á rúa a defender os dereitos sociais. Por outra banda, os atestados policiais non reflicten a realidade do acontecido e mesmo poñen nas nosas bocas palabras que non dixemos.

Malia todo, non nos esquecemos do apoio que estamos a recibir por parte dos veciños de San Vicente de Elviña e das moitas persoas que están a participar na nosa campaña de socialización de multas do caso de Aurelia. Con respecto a esta última, amosámonos moi satisfeitos xa que temos acadado con creces o noso obxectivo: reunir 7000 euros antes do 18 de febreiro de 2015, data do segundo aniversario do intento de desafiuzamento de Aurelia.

Queremos transmitirvos a nosa alegría xa que recadamos un total de 7421,33 euros o cal fai que nos sintamos máis que apoiados. Estes cartos vannos a permitir cubrir a totalidade das sanción desas datas e repartir a carga entre todas.

NIN CASAS SEN XENTE, NIN XENTE SEN CASA!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: