[CP Madrid VI – Aranjuez] Xavier Corporales pon fin à súa Folga de Fame

Colamos de Tokata o seguinte Comunicado que reciberon da Coordinadora Anticarceraria Cárcere=Tortura (CACT)-Grupo de Madrid e que nós traducimos e damos pulo:

boletinFIN DA FOLGA DE FAME DE XAVI

O noso compañeiro Xavier Corporales, que levaba dende o día 2 de xaneiro en folga de fame, tivo que abandonala por motivos de saúde. Ao non comer, non podía tomarse a súa medicación e por iso empeorou moito nestes 20 días de folga de fame. Se todo segue segundo o previsto, o 14 de abril o compañeiro estará fóra e esta terá sido unha das súas últimas grandes reivindicacións dentro de prisión despois de máis de 20 anos entre reixas.

Recordamos que os motivos da folga de fame foron:

– Fin dos FIES (cárceres dentro dos cárceres)
– Excarceración dxs presxs con enfermidades incurables.
– Contra o abandono sanitario nos centros penitenciarios.

Unha vez máis o noso apoio ao compañeiro dende a Coordinadora Anticarceraria Cárcere=Tortura

A LOITA CONTRA OS CÁRCERES É A LOITA POLA LIBERDADE
ABAIXO OS MUROS DAS PRISIÓNS

CACT Grupo de Madrid

Máis información en Abordaxe sobre a Folga de fame de Xavi

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: