A escalada punitiva: Reforma do Código Penal. Conta atrás para un novo recorte de liberdades

Colamos (traducida) esta analise de Ter García en Diagonal:

Imprimir Tras a Lei Mordaza, o Goberno afonda a escalada punitiva coa reforma do Código Penal, un texto ao que se presentaron 888 emendas.

Un ano e algúns meses despois de que se coñecese o proxecto, con 45 ampliacións de prazo para a presentación de emendas e 888 emendas presentadas -seis delas á totalidade-, xa se comenta unha data próxima para a aprobación do novo Código Penal: abril de 2015, segundo as declaracións que o novo ministro de Xustiza, Rafael Catalá, fixo nos últimos días de 2014. Collida da man da Lei de Seguridade Cidadá (LSC), cuxa aprobación está prevista para marzo, o texto orixinal da reforma número 29 do Código Penal seguiu a dinámica da maior parte das anteriores: máis cárcere, máis tipos de delitos e, no papel do inimigo, o pobre e o disidente.

“O máis interesante é reflexionar por que xusto neste momento social, político e económico, se toma a decisión de endurecer o Código Penal”, sinala a Diagonal o avogado Endika Zulueta. O texto orixinal da reforma xa consideraba como cambio estrela na lexislación a entrada da prisión permanente revisable, unha sorte de cadea perpetua, para delitos de terrorismo con vítimas mortais. Tamén a eliminación das faltas, pasando as máis graves a ser delitos e as menos graves á vía administrativa -coa LSC-. Mentres o novo Código Penal endurece as penas en delitos relacionados coa pobreza –furto e enganches a auga ou luz son agora delitos-, pon contra as cordas aos emigrantes –repenalización de manteiros e castigo a quen axude a transitar a sen papeis– e ataca á mobilización social -difusión de convocatorias como novo delito e endurecemento das penas por atentado á autoridade, desordes públicas e desobediencia-, a LSC sanciona accións de protesta social popularizadas por movementos como a PAH ou o 15 M.

“O Código Penal é un dos termómetros de como está o respecto aos dereitos humanos. Cando é máis ancho e se tipifican máis condutas é sinal de que o Estado deixa menos espazos de liberdade, explica Zulueta. Este avogado subliña a hiperprotección da figura de autoridade, que en demasiadas ocasións pasa de ser un funcionario que investiga delitos a converterse en vítima, testemuña e denunciante do delito. “Hai un consenso sobre que o homicidio leva consigo a perda de liberdade. A liberdade sexual é outro ben xurídico cuxa protección está consensuada, pero hai moitos bens xurídicos nos que non hai tanto consenso social”. Zulueta refírese, entre outros, á figura de propiedade, un concepto que tamén ten hiperprotexido progresivamente no Código Penal: “O porqué o Estado considera lícita a actividade dun banco que dá unha hipoteca a unha familia, sabendo que rematará quedando coa casa e cunha débeda de por vida, e ilícita a da familia que ocupa unha vivenda é tamén indicador de quen está a facer as leis, a que estratos socioeconómicos protexe e cales penaliza”.

Das 888 emendas presentadas, 93 propúxoas o propio Partido Popular, polo que, dada a súa maioría absoluta, son as que máis probabilidades teñen de supoñer cambios no texto da reforma presentado por Alberto Ruiz-Gallardón. Algunhas son parte do denominado “paquete de medidas contra a corrupción”. En resumo: engadir a perda do dereito de sufraxio pasivo -presentarse como candidatos en procesos electorais- nos delitos relacionados coa corrupción.

Outras veñen a suavizar a responsabilidade penal das empresas e resto de persoas xurídicas, un concepto introducido en 2010 pero que quedou ambiguo e difícil de trasladar aos tribunais. “Se unha empresa subornaba un comprador, por exemplo, o administrador ou representante legal podía ser condenado. Non obstante, hai moi pouca xurisprudencia sobre o tema e, en xeral, as empresas españolas non se formularon aínda estes temas”, explican dende a firma Lant Abogados, que dá talleres sobre responsabilidade penal a empresas. “Non existe aínda a conciencia da responsabilidade das empresas e, ao falar de moitos tipos delituosos, non hai taller no que non haxa algún empresario que diga que ‘iso hai o todo o mundo’ “. O texto inicial da reforma do Código Penal delimitaba un pouco máis o concepto, pero unha das emendas presentadas polo PP propón que se exima de responsabilidade penal ás empresas se estas adopten programas de control de posibles delitos, aínda que estes programas non teñan éxito.

Dereitos laborais e folga
31-Gener-12blog
CGT conta xa 52 casos procedementos, entre os penais e os administrativos, entre as súas filas e xa son máis de 200 os sindicalistas de CC OO e UGT imputados por feitos relacionados con folgas. Fronte ás declaracións de Catalá nas que aseguraba que se suavizarían as penas por coaccións en contextos de folga, as emendas presentadas polo Partido Popular ao texto da reforma do Código Penal tiehnen un obxectivo ben distinto: unha delas pretende aumentar a condena mínima aos piquetes dos seis meses actuais ao ano e nove meses. Outra, aos que “mediante engano, abuso de situación de necesidade, impediran ou limitaren o exercicio da liberdade sindical ou o dereito de folga” limítalles a pena máxima dos tres anos de cárcere a dous.

Código Penal e terrorismo

Outro dos paquetes de emendas presentadas polo Partido Popular tiña como obxectivo a reforma da Lei Antiterrorista, pero finalmente, despois de chegar a un acordo co PSOE decidiron deixar este tema fóra da reforma do Código Penal para tramitalo por vía urxente. Entre as emendas presentadas polo PP, que servirán como base a esta lei, está incluír como delito a visita a páxinas web yihadistas e o endurecemento das penas por enalteciento do terrorismo ata os tres anos, un tipo delituoso aplicado no último ano a máis de 40 persoas só na operación Araña, nalgúns casos por publicar en redes sociais chistes de mal gusto ou por mostrar alegría ante a saída dun preso de ETA. É unha lexislación “pouco criticada porque se considera que os terroristas son outros, os ‘malos’ “, sinala Zulueta, quen apunta que os yihadistas serven agora de escusa para presentar “unha volta de rosca máis”.

02_03_codigo_penal_victor_serri_disopresss

Tamén se potencia a figura do terrorista como a persoa que “comete un acto terrorista”, sen ter que estar vinculado a unha organización, deixando vía libre para que os delitos de terrorismo se apliquen cando a Administración de Xustiza entenda que hai un obxectivo ideolóxico. “A figura do terrorista individual foi introducida nos 90 ante as primeiras dificultades para que os tribunais considerasen como terrorismo o que mediáticamente foi cualificado como kale borroka”, explica Zulueta, quen sinala como tirar unha pedra a unha sucursal bancaria en Cádiz se considera unha canallada, mentres en Rentería pasa a ser un acto terrorista. “A única forma de que os tribunais o cualificasen de forma tan diferente foi que se tipificase non só o feito, senón a motivación. Agora queda moito máis marcado algo que xa viña no Código actual, que é o dereito penal do inimigo ou de autor, no que non se penaliza as persoas polo que fan, senón polo que pensan ou polo que son, conclúe.

E máis cambios, tamén na LECrim

A Lei de Axuizamento Criminal (LeCrim) é outra das normativas que o PP se propuxo modificar antes de que remate a lexislatura. Algúns dos cambios considerados no anteproxecto da reforma: os detidos en réxime de incomunicación non terán dereito a entrevistarse co seu avogado e a policía poderá picar as comunicacións sen orde xudicial previa por orde do Ministerio de Interior ou do secretario de Estado de Seguridade, algo que xa se facía en delitos relacionados co terrorismo e que pasaría coa reforma a aplicarse a “delitos de especial gravidade”.

Un Código Penal cada vez máis restritivo

A publicación da Lei Orgánica 10/1995, do 23 de novembro, marcou a entrada en vigor do actual Código Penal. O texto que define os delitos e as súas penas en España foi modificado ata en 28 ocasións, a maioría delas para endurecer máis as condenas e aumentar os actos tipificados como delito. Algunhas das últimas modificacións do texto:

2003, máis cárcere

A Lei Orgánica 7/2003 amplía o período máximo de cumprimento de pena de cárcere aos 40 anos, coa reforma do artigo 76. O máximo anterior situábase en 30 anos. Tamén se amplía á metade da condena o tempo de cumprimento necesario para acceder ao terceiro grao.

2007, da estrada, tamén ao cárcere

Ao 15/2007, en vigor dende o 2 de decembro de 2007, introduciu penas de cárcere por conducir vehículos a motor ou ciclomotor baixo os efectos do alcohol ou outras drogas e por superar en 60 (en vía urbana) ou 80 (interurbana) o límite de velocidade.

2010, o ano da man dura

Aprobada en xuño de 2010 e en vigor dende decembro dese ano, a reforma da Lei Orgánica 5/2010 supuxo a modificación de 150 artigos, case todos para endurecer as penas. Entre outros, a ocupación de inmobles pasou a estar penada con cárcere; os delitos de terrorismo, cando causen unha morte, xa non prescriben nunca; os condenados por terrorismo ou pederastia, unha vez cumprida a condena, estarán baixo vixilancia durante dez anos máis; e as persoas xurídicas pasan a ter responsabilidade penal. As excepción: o top manta, que deixa de estar penado con cárcere, e a localización permanente como substituto de prisión para penas de ata seis meses.

2013, ao traballo

A reforma de xaneiro do Código Penal rebaixaba de 120.000 a 50.000 euros a cantidade defraudada á Seguridade Social para que se considere delito (art.º 307), castigado con pena de prisión dun a cinco anos, como forma de loita contra o traballo mergullado. Á vez permite que o xuíz baixe ata en dous graos a condena por delitos contra a Facenda pública se paga o debido no prazo de dous meses dende que é imputado.

Ter García en Diagonal 15-I-2015

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: