Petición de apoio para que dean a Liberdade Condicional ou 3º Grao a unha Nai que lle permita recuperar a tutela do seu fillo

minores encirradosEn outubro faciamos pública unha chamada á solidariedade de Claudio Lavazza dende o CP de Teixeiro para poder sacar un rapaz de 8 anos dun centro de menores rexentado por unha orde relixiosa, ao ter o seu pai e à sùa nai encerradas en prisión. Agora recollemos do Boletín Tokata cal é a situación actual e alén damos pulo a esta Petición de Apoio para que a nai, con unha condena de 21 meses, poida ter a custodia do seu fillo que segue encirrado no Centro de menores de Vilafranca do Bierzo (en “seguir lendo” tendes aceso a un modelo de texto para enviar à prisión de Mansilla de las Mulas, León, onde están encerradas a nai e máis o pai):

Os servizos sociais da Xunta de Castilla-León decidiron declarar en situación de desamparo a Esteban, o meniño de 8 anos, ao considerar que tras a fuga do pai de prisión e buscar refuxio na casa da avoa paterna o neno quedou sen escolarizar, cousa que non é certa pois hai documentación que así o acredita, e que tras a detención dos pais e quedar ao coidado da avoa paterna (83 anos) e ter que pasar esta polo hospital quedou ao cargo dunha persoa sen vinculación familiar. Ante o cal o neno pasou baixo a tutela dun centro de menores rexentado por unha orde relixiosa.

Á nai negóuselle en primeiro momento un tratamento penitenciario eficiente que permitise recuperar a tutela do neno. Non se lle deu a oportunidade dunha liberdade condicional, terceiro grao penitenciario ou algunha outra medida de seguridade.

Realizáronse chamamentos á solidariedade mediante a petición de envios de fax ou chamadas que non deron resultado. Nestes momentos estase a poñer en marcha o apoio xurídico que permita arranxar canto antes esta situación, aínda así é necesario que se siga premendo á prisión concretamente á xunta de tratamento mediante chamadas, cartas e fax, así como ao Xulgado de Vixilancia Penitenciaria. Pero tamén é necesario o apoio a esta muller que vai notando a deterioración física e mental que lle está a supoñer esta situación tan inxusta con ela e co seu fillo.

O modelo de texto proposto para enviar a prisión (non traducimos):

carcere minores2La sra. Inmaculada Rodríguez Rodríguez, actualmente presa en el centro penitenciario de Mansilla de las Mulas (León), tiene por cumplir 21 meses de condena. Su esposo, el sr. Alberto Romero Varela también se halla preso cumpliendo condena en el mismo Centro penitenciario. Por estas circunstancias y la inexistencia de ningún familiar cercano para hacerse cargo de su cuidado, el hijo de la sra. Rodríguez, Esteban Romero de 8 años de edad, se encuentra actualmente en un centro para menores regentado por una comunidad religiosa en la localidad de Villafranca del Bierzo (León). Hasta su encarcelamiento la sra. Inmaculada Rodríguez Rodríguez siempre ha cuidado ejemplarmente de su hijo. Ante esta indeseada situación, y dada la poca cuantía de la pena que le queda por cumplir a la sra. Inmaculada Rodríguez Rodríguez, solicitamos que le sea concedida a la menor brevedad posible la libertad condicional para asi poder recomponer su familia y hacerse cargo del cuidado de su hijo.

Fax del CP Mansilla de las Mulas: 987 87 74 10

Para escribir aos pais:

Inmaculada Rodríguez Rodríguez,
Alberto Romero Valera

CP Mansilla de las Mulas
Paraxe Villahierro S/N, 24210
Mansilla de las Mulas (León)

A dirección onde se encontra o neno:

Esteban Romero Rodríguez
Internado Nais Agostiñas.
Ribadeo, 40.
24500 Villafranca del Bierzo.
Telefono 987 54 01 20.

Juzgado de Vigilancia Penitenciaria Nº 1:
Avenida del Ingeniero Saénz de Miera, 6
24009 León
Teléfono: 987 89 51 79
Fax: 987 89 51 76
e-mail: vigilancia1.leon@justicia.es

Clicade acá para o envío de Fax gratis

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: