[A Coruña] A dubidosa caridade de Cáritas tinxida do máis críbel racismo.

Un siareiro desta páxina eviounos por correo esta imaxen (e máis o texto que colamos de seguido e que mantemos na súa íntegra):

Envíovos a presente imaxe que recibín dun colaborador anónimo na minha caixa de correo (asegura que non se trata dunha montaxe nin nada polo estilo) e que, penso, é moi gráfica e explica ben a hipocresía desta clase de organismos, que convirten a solidariedade nunha sorte de caridade vertical, institucionalizada e chantaxista, aliviando sen embargo as conciencias benpensantes de quen, demasiado acomodadx como para renunciar ós seus privilexios, prefire repartir migallas.

Como vedes, a igrexa e as súas noxentas prebendas son cómplices non só da precariedade de multitude de persoas (por aquilo de predicar humildade mentras ostentan unha riqueza inconmesurable nos sótanos do Vaticano), senón tamén da estratificación social e a discriminación sufrida polas persoas de etnia xitana que, polo que parece, non son consideradas “persoas normais” polos membros de Cáritas de A Coruña. Pregúntome eu que é entón ser “normal” e se de verdade cómpre a devandita condición.

Noxento…

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: