[Pontevedra] martes 11 às 20:30′ Acto da APDR contra a prórroga a ENCE e denuncia unha “Trama político-familiar” entre Ence, Elnosa e a Xunta

unnamed A Asociación pola defensa da Ría (APDR) organiza para este martes día 11 un acto reivindicativo, a partir das 20,30 horas no Teatro Principal de Pontevedra, co lema “Por dignidade, impidamos a prórroga a Ence”. Consistirá nunha charla da profesora de Dereito Administrativo e experta en temática ambiental, Alba Nogueira, e do avogado da APDR, Vicente García Legísima, sobre “as posibilidades que aínda existen para frear a súa pretendida prórroga máis alá de 2018”.

Alén soubemos que a APDR presentara en 15 de outubro unha solicitude de ámparo fronte a trama que vencella a ENCE e ELNOSA coa Consellería do Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, na que entroutras coisas denuncia tratos a favor da actual Subdirectora Xeral de Coordinación Ambiental, María José Echevarría Moreno, presta á fábrica que dirixe o seu marido Antonio Casal Lago (ENCE) e á que ten como executiva a súa irmán Amaia Echevarría Moreno (ELNOSA); que “están impedindo a apertura de expedientes sancionadores” así como a concesión de Autorizacións Ambientais Integradas para ambas empresas “en condicións irregulares e incluso ilegais”, engadindo desde esta organización.

Tras esta denuncia formulada pola APDR, recebiran un burofax no que María José Echeverría instaballes a retractarse no prazo de cinco días ou senón advertía de iniciar accións legais contra o presidente e o vicepresidente da asociación, Antón Masa e Benito Andrade: “Non só non nos retratamos”, explicou Antón Masa, “senón que non se pasou nada e, ou a xusticia vai moi lenta, ou non teñen a razón e o que pretendían era amedrentarnos”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: