[Grecia] Resposta anarquista contra obxectivos fascistas

Dúas noticias nos chegaron ao respeito dunha ondanada de ataques contra obxectivos fascistas da organización “Mencer Dourado”, às que damos pulo:

bandaA primeira delas, recollida de ContraInfo(es) ven a reivindicar diversas accións cometidas na capital Atenas que colamos (e traducimos):

Un ano despois do asasinato do antifascista Pavlos Fyssas no barrio de Keratsini polo lixo mencerdouradista Roupakias, descubrimos algúns executivos-humanoides do aparato paraestatal de Mencer Dourado e incendiamos os seus vehículos persoais fóra das súas casas durante as primeiras horas do 16, 17 e 25 de setembro de 2014 (así “espertamos” nos tamén a uns nazis*).

En concreto, incendiamos os seguintes vehículos:

– O 16 de setembro, no barrio de Gyzi, o coche de Fotis Giamanis, candidato de “Mencer Grego para Atenas”, lista combinada de Mencer Dourado nas últimas eleccións municipais, liderada por Kasidiaris.
-O 16 de setembro a moto dun fascista no barrio de Rizoupoli.
-O 17 de setembro, no barrio de Glyfada, o coche do concelleiro mencerdouradista Sotiris Vorgias.
-O 25 de setembro, no barrio de Nea Filadelfeia, o coche da candidata Elisavet Andri (coñecida tamén como “Veta”).

Ademais, o 23 de setembro, un grupo de compas atacou e vandalizó a sede do partido fascista LAOS (Alerta Ortodoxa Popular), situada na rúa Aghias Lavras, no barrio de Patisia.

Non fixemos nada máis que o obvio, devolvendo a porta dos fachas unha pequena parte da violencia que tantos anos exercen e difunden en contra de obreirxs emigrantes e lugareñxs, mozos antifascistas e luitadorxs. Non son invisibles, e nós, nin esquecemos, nin perdoamos.

Non tragamos o conto institucional “antinazi” que o Estado e a Prensa vende para axustar as contas intrafamiliares con Mencer Dourado. Son eles mesmos os que recentemente sacaron Mencer Dourado da súa escuridade paraestatal para utilizalo de xeito máis eficaz. Á fin e ao cabo, Mencer Dourado foi dende o principio da súa existencia o mellor colaborador da policía e a man longa da patronal, dos empresarios, dos magnates navieiros e da mafia. Non quedamos no antifascismo barato de denuncia, como o da esquerda e as demais forzas “progresistas”, que só serve para os seus intereses micropolíticos.

O único idioma que entenden os desgraciados paraestatais é o da violencia e con ele imos “falarnos” con eles.

Odio para os fascistas.
Odio tamén para a escoura social “equivocada” que lles vota ou os apoia de calquera xeito.

*Nota de ContraInfo: Referencia irónica ao concerto do 19 de setembro de 2014 en Syntagma, en memoria de Pavlos Fyssas, onde os reformistas organizadores intentaron “abrandar” as consignas antifascistas, como no caso do lema “Pavlos vive, esmaguen os nazis” que pasou a cantarse polos megáfonos en versións ridículas, tipo “Pavlos vive, esperten os nazis” ou “Pavlos vive, eduquen os nazis”.
…………………….

A segunda noticia, también recollida de ContraInfo, mas neste caso do site em português, fala doutra acción acaecida en Komotini, asinada por Núcleo Antifascista, e di asín:

Durante a madrugada da quinta-feira, 18 de Setembro de 2014, incendiamos a moto de Christos Georgiou, coñecido membro do Mencer Dourado e candidato a membro do consello rexional de Rhodope nas últimas eleccións. A acción foi realizada en memoria de Pavlos Fyssas.

NON ESQUECEMOS
NON PERDOAMOS

Núcleo Antifascista

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: