VULNERACIÓN DE DEREITOS HUMANOS NA PRISIÓN DA LAMA.

Informe do Grupo de Apoio Galiza Sur da Campaña Cárcere=Tortura Xaneiro – Agosto 2014:

2647O Grupo Galiza Sur de apoio á campaña Cárcere=Tortura leva facendo o seguimento e apoio de varias persoas presas e activistas pro-dereitos humanos no centro penitenciario da Lama, pres@s conscientes da necesidade de debater, denunciar e actuar contra as diferentes formas de tortura que se aplican habitualmente nos presidios.

Son moitos os informes anuais que realizan diferentes organizacións tanto gobernamentais, OSCE, Observatorio Europeo de Prevención contra as Torturas, Comité para a Prevención da Tortura do Consello de Europa,… como non-gobernamentais, Coordinadora para a Prevención e Denuncia da Tortura, Amnistía Internacional,… sobre os malos tratos e torturas nos centros pechados de internamento, nosotr@s pretendemos achegar o noso granito de area á montaña de denuncias que acumula a administración estatal, neste caso, a secretaria xeral de institucións penitenciarias coa simple enumeración do pouco que nos decatamos en canto a vulneración de dereitos fundamentais no cárcere de Pontevedra para que organizacións con maior poder de acción se sirvan deste texto como crean conveniente.

Á vez, exercemos de altofalante das denuncias que nos fan chegar @s pres@s para que o illamento e o silencio no que se encontran sexa un pouco menos e sexa maior a brecha da disidencia social que se abre nos valos das prisións.

Poñemos énfase na dificultade que teñen e nas graves consecuencias que soportan @s pouc@s pres@s que, por conciencia social e política, dedican a súa vida á denuncia das brutalidades que diariamente se cometen de muros para dentro, son os que sofren as torturas con maior crueldade.

Denuncias máis habituais que nos contan:

-Presión da dirección do cárcere para que l@s pres@s rebeldes se aparten de l@s colectivos de apoio a pres@s en loita e para que cesen as denuncias e accións de protesta.
-Dificultades de l@s intern@s de 1 er grao para entrevistarse cos avogados.
-As graves deficiencias do tratamento penitenciario e a escasa oferta de destinos, traballos e actividades culturais e deportivas.
-A constante coacción e represión a @s pres@s activistas.
-Intervención ilegal de correo e comunicacións mesmo de notificacións de xulgados, avogados e doutras institucións públicas e privadas.
-Inasistencia médica e trato inhumano de algun@s traballadores sanitarios.
-Inasistencia do equipo psiquiátrico e a hipermedicación que impoñen para manter a docilidade d@s pres@s.
-Limitación arbitraria e ilegal das persoas que queren visitar @s pres@s.
-As mortes en prisión por enfermidades incurables, por idades avanzadas, por sobredose ou por suicidios. Ninguén debería de morrer estando en mans dunha institución pública que supostamente debe de velar pola saúde física e mental dos internos que acolle.
-Coacción e sancións, por parte de subdirección de seguridade, a @s activistas. Son moitas as denuncias (documentadas) contra as actuacións sádicas do subdirector de seguridade da Lama.
-A dificultade d@s pres@s rebeldes a acceder a progresións de grao, permisos, destinos, etc…
-Tratamento despectivo, abusivo e degradante de moitos funcionarios.
-Descenso na cantidade e a calidade da comida.
-Partes disciplinarios con motivación ficticia.
-Traslados e dispersión como castigo e como método de desmobilización.
-Os rexistros inxustificados en celas e a intervención de cartas e material persoal d@s intern@s.
-A opacidade da administración penitenciaria nas súas actuacións.
-O arquivo da inmensa maioría de denuncias de torturas e malos tratos.
-A cadea perpetua encubrida ao non se resolver axeitadamente as limitacións legais das condenas, levando, presos comúns, mais de 20, 25 e mesmo mais de 30 anos no cárcere.
etc,…

Denuncias de torturas que nos fixeron chegar:

-05/02/2014 Torturas a Emilio Sánchez del Peso, pres@ chegado á Lama 5 días antes.
-¿?/04/2014 Torturas a preso Mohamed Benjalí. Despois de intento de fuga mantéñeno mais de 3 días nu en cama de suxeición.
-30/04/2014 Morte do pres@ en loita Eugenio García Serrano. A Eugenio e a M.E.P. realizóuselles un cacheo en cela por motivos de seguridade. Ábreselles parte e Eugenio é sancionado aplicándoselle illamento por, supostamente, liderar accións de protesta e promover motíns, parece ser que se lle encontraron cartas de avogados pro dereitos humanos e textos de colectivos anticárceres. Aos poucos días aparece morto na súa cela de illamento.
-¿?/06/2014 Morte de preso marroquí, cremos que o mesmo Mohamed, por agravación de pneumonía por hipotermia despois de sufrir continuos baños de auga frita e outras torturas.
-12/08/2014 Torturas a J.S.R. Mentres esta atado boca abaixo en cama de suxeición, golpéanlle as plantas dos pés con porras, sofre puñazos nas costas, presión dixital tras o lóbulo da orella, graves mazaduras pola presión das cinchas de suxeición…
-14/08/2014 Torturas a D.M.L.
-14/08/2014 Trato degradante a Emilio Sánchez
-15/08/2014 Morte de preso de avanzada idade.

Actos de protesta de que temos constancia:

-Xaxúns os días 1 de cada mes de varios presos ata o mes de abril.
-26/04/2014 Corte de veas e 2 folgas de fame e sede de dous días no mes de maio do preso en loita A.P.R.
-Minuto de silencio do modulo 4 o día 30 dos meses de maio, xuño e xullo en memoria de Eugenio García, Gaviotu.
-Folga de fame non comunicada de 8 días en agosto por parte de J.S.R.
-Folga de fame indefinida do preso Emilio Sánchez del Peso, dende o 14 de agosto.

Recordamos que, como un acto de denuncia de todo o relatado, un acto drástico e desesperado de protesta, hai un preso que esta próximo ao mes en folga de fame.

Emilio Sánchez del Peso ten 29 anos e leva 10 en prisión, sen delito de sangue ningún, sen enfermidades graves, sen ningunha toxicomanía e faltándolle só 2 anos e medio de condena, a súa actitude foi sempre de denuncia e protesta ante os innumerables abusos, malos tratos e torturas que presencia diariamente e que este padeceu.

Leva toda a súa condena en 1 er grao pola simple circunstancia de non se calar ante os atropelos e vulneracións de dereitos, por iso mesmo nunca puido gozar de permisos, por iso foi trasladado continuamente e por iso esta vez chega ao extremo de empezar unha FOLGA DE FAME INDEFINIDA o día 14 de agosto, sen reivindicacións de carácter persoal senón como acción para visibilizar a situación.

Nos primeiros 20 días de folga xa baixara mais de 15 quilos e aínda a dirección non baixara a preguntarlle as razóns e mirar de resolver a grave situación na que empeza a encontrarse. @s medic@s só pésano e pouco mais, de feito tomáronlle a tensión 4 veces neste tempo.

Cren que non vai a por todas e están moi equivocados. É persoa de gran forza de vontade e que sabe que unha acción como esta non se fai por riba. Iso si, sen apoio d@s que estamos fóra a súa acción non terá ningunha repercusión, arrisca a súa saúde porque non ten outro xeito de facer chegar á sociedade o seu berro de desespero ante a barbarie carceraria, polo que necesita que, segundo as posibilidades de cada cual, fagamos chegar a súa protesta a todos os ámbitos da sociedade.

Sen máis, animo tod@s @s que loitan por desterrar as torturas da nosa sociedade.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: