Tribunal da ONU avalía a Tortura no Reino da España

Colamos de Esculca:

c2ef6b19b9d3a43650ed8ccfbbaad54c_largeUn relatorio (Incomunicación e Tortura) elaborado por médicos, sicólogos e psiquiatras analizou 45 casos de tortura rexistrados en Euskal Herria. A credibilidade das vítimas de malos tratos é, precisamente, unha das conclusións do traballo que foi realizado aplicando o Protocolo de Istambul, unha metodoloxía avalada pola ONU que mede a consistencia dos testemuños.

A comparecencia para presentar o relatorio desenvolveuse en Madrid. En concreto, dos 45 casos analizados, todos eles vascos, os expertos consideraron que o 53% ten un grao de credibilidade de «máxima consistencia», mentres que o 31,1% é «moi consistente» e o 15,6% «consistente». Esta investigación conta ademais co apoio de Juan E. Méndez, relator especial da ONU sobre a tortura, e Ben Emmerson, relator especial da ONU sobre a promoción e a protección dos dereitos humanos e as liberdades fundamentais na loita contra o terrorismo.

Ambos remitiron unha nota na que cualificaban o relatorio de «paso cara á transparencia e a rendición de contas», á vez que instaban a Madrid a «tomar en conta» as conclusións e recomendacións expostas.

O recoñecemento dos feitos é a principal demanda fronte ás institucións. Especialmente, tendo en conta o ambiente de negación e acusacións de mentira coas que o Estado responde ás denuncias de tortura. No entanto, segundo indicou Pau Pérez, psiquiatra do Hospital A Paz de Madrid, esta documentación é válida legalmente e podería ser usada polas vítimas caso quereren tentar reabrir unha causa xudicial por torturas. O Protocolo de Istambul non foi utilizado frecuentemente en procesos no Estado, aínda que xa existen precedentes. Por exemplo, o xuízo contra 40 mozos vascos, que finalmente foron absolvidos nun auto que recoñecía a posíbel existencia de malos tratos, apoiándose neste mecanismo pericial.

Outras das medidas propostas polos expertos son a actitude institucional «decidida» para loitar contra a tortura, a atención psicosocial, as medidas de rehabilitación e apoio, garantías de non repetición, implementación de procedementos administrativos legais que preveñan a tortura e a construción de novos espazos sociais inclusivos que permitan falar do ocorrido en Euskal Herria.

Entre os aspectos analizados polos especialistas están o tipo de malos tratos padecidos, as consecuencias físicas e as sicológicas. Para iso aplicaron o protocolo a 45 persoas detidas entre xaneiro de 1982 e decembro de 2010. Un terzo deles foi arrestado pola Policía española, outro pola Garda Civil e, o último, pola Ertzaintza. No entanto, segundo indicou Andrés Krakenberger, non se trata dunha mostraxe que permita «extrapolar» datos, mais si certificar a veracidade das denuncias, o que permite demostrar que os malos tratos continúan producíndose nas comisarías do Estado español. «Non é unha mostraxe. A procura da verdade é o único que nos move», remarcou Pérez. Na súa opinión, este traballo serve para denunciar que «existen casos de tortura e malos tratos e que son documentabeis». Unha vez acreditados e «fóra do debate político», o psiquiatra considerou que «toca pór encima da mesa» a problemática.

Á marxe das consecuencias físicas e psicolóxicas, o estudo tamén aborda a reparación das vítimas. Unha cuestión que «aínda está por facer», segundo sinalou Olatz Barrentexea, que destacou que «nin son casos illados nin son casos do pasado», lembrando que o réxime de incomunicación, que aínda se aplica, foi o gran aliado para a «impunidade» nas comisarías españolas.

Despois da presentación, o obxectivo dos promotores é poder discutir o relatorio coas distintas administracións, mai aínda non hai un calendario fixado.

Máis Información recén sobre o tema en Tokata:

Las Cuentas de la Tortura

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: