Convite para participar na II Feira do Libro Anarquista en A Guarda prevista para 25 ao 27 de abril

Colamos á íntegra correo recebido de compas de A Guarda:

Ola boas, somos unha serie de compas anarquistas, que estamos organizando a segunda edición da Feira do Libro na Galiza. Salientar que en Galiza non existe este tipo de encontros, e cremos que representa unha ferramenta necesaria para o intercambio material, ideolóxico, persoal, …, e esperamos que se reproduzan este tipo de iniciativas por outros lugares do territorio. Por iso gustaríanos contar con todos/as vos. Contactamos para invitarvos a participar nela, expoñendo o voso material antiautoritario.

A Feria sería na localidade da Guarda (Pontevedra), do 25 ao 27 de Abril, e desenvolveríase entre a praza de S. Bieito e o C.S. Fuscalho. Tentamos que a programación sexa o mais variada posible dentro dos nosos límites para representar as diferentes formas de expresar as nosas ideas, indo dende material escrito, teatro, música, e loita, entre outras.

Contaremos con espacio para exposición de material antiautoritario e habilitarase unha zona para o aloxamento dxs asistentes, ademais de bebida e comida vegana durante o desenvolvemento da feira. Agradeceríase que confirmarades asistencia para unha mellor organización.

Cando teñamos a programación definitiva enviaremosvola para máis información e difusión.

Sen mais unha aperta e esperamos contar con vos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: