Ekkaia son agora un referente mundial do hardcore-crust. Orixinarios de A Coruña, comezaron a súa andadura en 1999 baixo o nome de Icon, co que sacaron unha demo no ano 2000. A súa primeira edición foi en formato CD e tratouse dun split(compartido) coa banda madrileña de grindcore Unsane Crisis, e serviu para que ambas formacións comezasen a “rodar”. Seguidamente viu a luz o seu primeiro longa duración: «Manos que estrechan planes de muerte y sometimiento» en 2002, seguido do EP «Cuant@s más moriremos hasta que estén satisfech@s». Estas tres obras representan unha etapa na que Ekkaia conseguiu acaparar rápidamente a atención de gran parte dos afeccionados ao hardcore. Finalmente 2003 é o ano en que percorren por primeira vez o continente europeo exportando a súa xenuína maneira de facturar hardcore. No 2004 publican «Demasiado tarde para pedir perdón», e despois dunha segunda xira europea editan a súa última grabación un Maxi de tres cancións titulado «Ya hemos aguantado el sermón, ahora lo destrozaremos». Tras esta publicación separanse e os seus membros comezan a participar noutros proxectos. En Xaneiro de 2007 realizaron un concerto na súa cidade, pero a día de hoxe non existen vistas a unha nova reunión. Nesta entrega dos Clásicos Populares traemos unha das súas cancións mais representativas “Arrastradxs” pertencente ao seu LP «Manos que estrechan planes de muerte y sometimiento», versionadísima por deceas de bandas de todo o globo. Acompañamos a canción coa súa letra escrita no post, para o seu mellor entendimento.
Mírame a los ojos de nuevo antes de comenzar a mentir otra vez.
Cuerpos caen como hojas de papel, y su miedo desaparece transformándose en rutina.
sus vidas comienzan a enfrentarse las unas con las otras con el único propósito de sobrevivir arrastrados bajo un cielo que no les deja respirar, mírame a los ojos de nuevo porque tu arrastras sus cuerpos.
¿Cuantos mas moriremos hasta que estén satisfechos?
Simplemente construimos nuestro propio sueño al margen de tu mierda, y representamos tu inmensa envidia que nos quiere destruir.
Deixar unha resposta